Libro de familia
Capitulo 81: Sobre rodas
O pesadelo do incendio no almacén segue atormentando a Manuel e Freire. Teñen que pagar os desperfectos do seu peto e non andan moi ben de cartos. Manuel rexeita a oferta de Román, mentres que Freire acepta venderlle unhas terras.
Cosme pretende que seu fillo venda, atopa os papeis da propiedade das terras e enfróntase a seu fillo. Sente que ninguén lle fai caso, que as súas opinións non se teñen en conta polo que decide ir él directamente a tratar a venda co alcalde.
A negativa de Manuel, desespera a Román e a Lupe, esta proponlle quitar do medio ó Cabanas.
Deli quere regresar ó convento, Sara leva a cabo certas artimañas para conseguir que quede máis tempo.
Os éxitos de Ángel Nieto nos mundiais de motociclismo, desencadean un entusiasmo en Elias que o leva a enfrontarse nunha competición con Sito. Pero non ten moto e utilizando a picaresca, consegue unha de Manuel; a tunea e nín o mesmo dono a recoñece.