CRTVG

Buscar

Matalobos

Capítulo 81: “Para o que serven os amigos”

13/11/2012 22:15 h

 

Carmelo ten o engrenaxe da súa operación perfectamente deseñado para comezar a funcionar. Unha das súa pezas principais, Garrido, saíu reforzado despois de que o xornal en que traballa Vargas rectificara a nova sobre unha suposta violación cometida polo candidato á alcaldía.

Pero Seijas non está disposta a poñerllo doado ao xefe dos Matalobos. A tenente está segura da relación entre o candidato e Carmelo e pensa demostralo. A precipitación nas súas declaracións terá consecuencias nefastas para a operación e para a súa propia carreira. Agora que Carmelo sabe que a Garda Civil está detrás dos seus pasos, deberá librarse do acoso. E o xefe dos Matalobos sabe ben como facelo.

Lonxe de renunciar á investigación, Seijas unirá forzas con Vargas para tratar de descubrir que é o agocha a estraña e perigosa parella que forman Carmelo Matalobos e Esteban Garrido. Os seus esforzos veranse recompensados cunha sorprendente revelación.

Por outro lado, Vanesa comeza a recuperar parte da súa posición do pasado e, con ela, o poder para facérllelo pagar a todos os que abusaron da súa vulnerabilidade, pero unha petición inesperada de Carmelo volverá poñer a moza contra as cordas, obrigándoa a tomar decisións moi complicadas. 

 

Atopar capítulo por: