Libro de familia
Capítulo 80: Monicreques
A feira en Santalla xa non é o que era, agora a xente vai máis a outros pobos. Os veciños pensan nun espectáculo de monicreques para revivila, pero o encargado está retirado, polo que eles mesmos encargaránse do espectáculo.
Senén encárgalle a Deli que escriba un guión. Elías insiste en que o que máis xente atrae é un espectáculo seres deformes: animais con máis extremidades das que lle corresponden, a muller barbuda... etc.
Don Román comeza a levar a cabo o seu plan vinculado á celulosa de Pontevedra. Ofrece ós labregos moitos cartos polos montes para plantar eucaliptos, venderllos á celulosa e secar a plantación de remolacha de Freire e Manuel.
Ante a situación entre María e Marcos, Milucho cóntalle a Deli o que está a pasar. Esta escribe o guión adaptándoo á historia romántica dos dous xoves, conseguindo que sexan eles mesmos os intérpretes. Na feira mentres interpretana obra coas marionetas, sinceraranse e fundiranse nun apaixoado abrazo final.