Luci
Capítulo 8: Luci ligando
15/06/2014 22:00 h
Luci atópase cunha cita sorprendente. Resulta que na cafetería á que vai todos os días tomar o café, hai un novo camareiro que sente atracción por ela, faille ás beiras e pídelle unha cita. Luci queda encantada con que un home lle faga proposicións, aínda que está moi escamada polo que lle pasou con Berto, o seu ex. Aínda por riba, o novo pretendente chámase igual que o que fora seu marido.
A cita finalmente ten lugar e, aínda que un pouco tímidos ao principio, o camareiro Alberto consegue que ela confíe nel. Comezan a saír, pero cando todo parecía perfecto, Luci empeza a verlle defectos por todos lados ao seu novo mozo e decide deixalo utilizando a Hadrián como escusa.