CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 8: Contrabando

03/04/2005 22:00 h

Chega a modernidade a casa dos Cabana, suscitando curiosidade e diferentes puntos de vista entre os integrantes da familia.

O contrabando de tabaco rubio, convértese nunha maneira de gañar cartos para Álvaro. A furgoneta da Central Leiteira e Segundo son os seus mellores aliados para o negocio. Pero Segundo descubre que Álvaro leva a mellor parte do acordo e decide deixar de arriscarse. Nun intento desesperado por fuxir do compromiso, Segundo involucra a Manuel nun asunto turbio que precisará a intervención da Garda Civil.

Senén exercerá de intermediario entre Freire e D. Román, para suavizar as hostilidades entre eles pola concesión do Monte do Vento. Entrementres, Telmo, confabulado con Freire, acode ó despacho de don Román para que éste lle venda as terras.

O triángulo amoroso Laura-Telmo-Adela parece dar un xiro inesperado para todos.

Atopar capítulo por: