Urxencia cero
Capítulo 8
Un accidente de autobús vai poñer a proba a todo o persoal do Hospital Francisco Balmis. Tal é a gravidade que a unidade de transplantes tamén ten que colaborar no auxilio ás vítimas.
Cando Losada e os seus adxuntos intentan estabilizar un dos feridos, determinan a necesidade dun transplante de corazón. O seu avó, que tamén viaxaba no autobús, autoriza a operación, pero teñen que agardar un doador. O problema é que o presunto culpable do accidente, o condutor do autobús, tamén está hospitalizado. A convivencia coas vítimas farase imposible.
Mentres tanto, a doutora Muíños intenta repoñerse do sucedido con Xaime Cargol, pero a experiencia foi demasiado traumática e estalle a afectar ao seu traballo no hospital e no quirófano, un sitio onde calquera erro pode custar moi caro.