Libro de familia
Capítulo 79: Xogar co lume
Mentres Freire e Manuel están no convento decidindo sobre a conveniencia de que Deli regrese a Santalla, o almacén arde como o mesmísimo inferno. Todos na vila acoden a sofocalo incendio, pero a remolacha quedou moi danada.
Manuel e Freire confían que o seguro se faga cargo, pero María acaba confesando que lle dera a póliza a Lupe quen se encargaría de entregala. Manuel despois da conseguinte bronca a María, decátase de como a man de Román está tralo sucedido.
Elías entérase das vantaxes do seguro, pretende estrelar o coche para que lle dean o diñeiro correspondente. O coche acaba destrozado e o seguro non paga os danos.
Marcos está celoso de Sito pola relación deste con María. Organiza xunto con Milucho en casa de Freire un concurso de coñecementos para deixar a Sito de ignorante ante María.
Lupe está a perpetrar outro pérfido plan para enriquecerse e acabar con Freire e Manuel. Ten contactos cos da celulosa de Pontevedra que lles poden ser de moita axuda.