Pazo de Familia
Capítulo 79
14/03/2017
A Emilio non lle faltan motivos para querer botar a Carlos, posto que cada vez ten máis claro que o secuestro da súa filla é responsabilidade do seu eterno inimigo. Porén, el ameaza con denunciar a Emilio á Policía por intento de asasinato. Semella que nin Sara confía xa no maior dos Pardo - Veiga, pero a este quédalle aínda unha última carta por xogar, que os espectadores descubrirán ao longo deste episodio.