Libro de familia
Capítulo 78: Soños de papel
Elías escoita falar a uns veciños sobre a importancia do papel na vida diaria e no desenvolvemento industrial dunha zona. O taxista, inspirado, ve unha posible nova liña de negocio na fabricación deste. Axudado por Camiña, elaboran unha pasta con restos de papel e como o resultado non é o desexado, tratan de colocar as láminas a Don Venancio para que as utilice como sagradas formas na Misa.
Sito vaise acomodando en Santalla, a orquestra ensaia, xorden problemas pero pouco a pouco van conseguindo cera armonía.
Román ameaza a María con enviar a Marcos a Melilla senón o deixa. A xove distánciase do mozo, flirteando con Sito. María debido a esta situación non se centra, e mal aconsellada por Lupe non entrega a tempo o seguro do almacén.
O seguro cae nas mans de Román que ordena a Álvaro prender lume no almacén, xusto cando chegara o cargamento de remolacha valorado en duascentas mil pesetas.