CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 77: Far West

19/11/2006 22:00 h

Lupe aproveita a ausencia de Laura na casa para levar a cabo certas intrigas con don Román. Quere vingarse de Freire e de Manuel polo que cre ela foi unha humillación. Ofrécese para entregarlle ó alcalde, documentos e datos económicos do almacén. O alcalde non acaba de fiarse dela, pero accede.

A don Román comeza a irritarlle que Marcos e María poidan chegar a algo. Ofrécelle a seu fillo unha viaxe para alonxalo de Santalla, pero él rexéitao. Álvaro intercepta unha das notas entre Marcos e María, manipulando unha cita para enviar ó xove a outro lugar, mentres, don Román poderá ter unha charla "amistosa" con María.

Elías fachendea ante Carmiña acerca da súa pericia co gando, co resultado dunha vaca en fuga por todo Santalla. Esta experiencia, lévalle a soñar que é un auténtico vaqueiro do lonxano Oeste, experto co revólver e o látego. Como ademais, Senén pretende montar un salón de festas no bar, as ensoñacións do taxista lévanlle a imaxinar, que rescata a súa moza -Carmiña-, das sucias e bastardas gadoupas duns foraxidos.

Freire axuda a Senén, contactando con Sito, que ten unha voz prodixiosa. Contan ademais coa voz e a gracia de Iris. Don Cosme recuperará o toque de saxo da súa xuventude e Milucho estará ós teclados dun Fender Rhodes. Deli tomará definitivamente os hábitos, pero seu estado de saúde empeora día a día, preocupando á Madre Superiora.

Atopar capítulo por: