CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 76: Ollos que non ven...

12/11/2006 22:00 h

Carmiña marchara uns días a coidar a un tío. Dona Laura fai o propio para coidar a unha tía. Elías quéisaxe porque cre que Carmiña non lle fai caso, Senén tamén se queixa, pero porque Elvira non marcha. Suxírenlle que marche él para poñer a proba a Elvira, comezando unha delirante excursión ficticia para averiguar cuanto o bota de menos a súa esposa.

Senén, acaba durmindo no confesionario onde acode Elvira, non desaproveitando a ocasión de facerse pasar por don Venancio e darlle uns consellos maritais que ela non vai poñer en práctica.

Manuel segue sen fiarse de Lupe e Freire non quere vincularse sentimentalmente á coruñesa. Ambos deciden poñer a María a traballar no almacén para librarse da coruñesa. Lupe, a súa vez, urdirá un plan para vingarse deles.

María e Marcos teñen dificultades para verse. Marcos pídelle axuda a Milucho, quen aconsella a María que, aproveite a ausencia de dona Laura para dar unhas pasantías ós rapaces e así poderá verse con Marcos. A xove Cabanas conta coa inesperada axuda do seu avó, que consegue espantar a Álvaro buscando probas da relación da xove Cabanas co mozo Lamela.

Un pano de María acaba sendo a clave e o alcalde volve ás andadas.

Atopar capítulo por: