CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 75: Un día na praia

05/11/2006 22:00 h

Fai unha calor insoportable en Santalla e María pídelle a Manuel que os leve á praia.
A Elías, a calor obnubílalle o cerebro e os instintos máis primitivos aduéñanse del. Don Venancio, "conmovido", dalle uns consellos de seducción galante, para alonxalo do seu instinto.

Os Cabanas deciden levarse á praia a Carmiña para alonxala do frenético Elías. Manuel pídelle ó taxista, que se faga cargo do ultramarinos; pero éste non aguanta, marcha á praia e deixa encargado a súa vez a don Venancio.

Mentres os Cabanas disfrutan da area e o Océano, os Lamela semellan refacer a súa vida familiar, aínda que a muller e o fillo non acaban de baixar a garda.

Marcos non soporta que María non lle fale. Don Román atopa as notas de María onde ve un suspenso e non dubida en argallar o xeito de que Manuel se entere. Pero a argucia de Román, ten un resultado inesperado para él, María reconcíliase con Marcos.

Deli cada vez está máis enferma e débil debido a súa preparación místico-relixiosa. O tormento e a éxtase da xove preocupa xa en Santalla.

Freire aguanta a Lupe por pura cortesía, incurre en certa ambigüidade que lle fai crer á coruñesa que lle vai pedir en matrimonio.

Atopar capítulo por: