Libro de familia
Capítulo 71: Parlez-vous français
Álvaro queda prendado dos modais, do estilo e o acento francés da suposta prima francesa de Laura. Na vila desencadéase unha especie de epidemia por todo o francés.
Elías aproveita a ocasión impartindo unhas desafortunadas pasantías. Milucho tenta ensinar algo de francés a súa tía Elvira, que pretende demostrar que é a máis fina.
Don Román tenta humillar a Laura-Marie paseándoa polo pobo. Búrlase do namoramento de Álvaro demostrándolle que a xove é como as demais, forzándoa na súa presencia o que esperta no temido criado a súa parte máis humana.
No almacén hai moito traballo, a comercialización da remolacha envasada vai vento en popa, aínda que con certo risco. Lupe ofrécese para mover súas influíntes amizades na Coruña, pero Manuel non acaba de fiarse dela.
María vai volver a Santalla, Marcos atormentado polo amor e a conciencia, consegue que quede máis tempo en Santiago para evitar o encontro entre ésta e a súa nai.
Deli, recluída no convento, cóntalle á Madre Superiora súa historia con Freire.