Luci
Capítulo 7: O profe tenme manía
Luci atopa ao seu fillo Hadri demasiado colaborativo nas tarefas da casa, amable e solícito. A razón non é outra que estamos na fin de curso e o rapaz, que nunca suspendeu nada, non pasou os exames da materia de naturais. Hadri dille á súa nai que o profe lle ten manía, pero Luci cree que se trata dunha “escusa barata”.
Finalmente, Luci decide ir falar co profesor de Hadri, que se chama Ramiro, e queda engaiolada pola súa compresión e tamén pola súa beleza, da que queda colgada. Precisamente para agradar o profesor, Luci argalla estratexias, como facer un traballo do seu fillo, aínda que acaba recoñecendo que é a súa autora. O conto remata con diversas probas que descobre Hadri e que lle dan a razón: o profe tíñalle manía, xa que atopan unha frase que dicía que “había que suspendelo”. Lucí e Hadri chantaxean a Ramiro con esta proba inculpatoria e finalmente Hadri consegue ao final do curso un notable en ciencias naturais.