CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 7: En Santalla non hai príncipes

27/03/2005 22:00 h

Manuel tenta convencer a Cosme para comprar un tractor despois de que lle concederan o Crédito Agrario e facer medra-lo seu negocio e axudar ós seus veciños. Isto provoca a ira de D. Román, que ve ameazado o seu poder sobre os campesiños de Santalla.

Deli, despois de vivir unha dolorosa historia, fuxe do seu pobo e instálase na casa dos Cabana para axudar a Sara nas labores do fogar e no coidado dos seus
fillos. Isto axúdaa a esquecer as súas penas.

María, que sente moi proxima a súa tía Deli, confésalle o seu amor por Marcos, Deli intenta axudala desenvolvendo unha trama na que se ven enfrontadas. Os Cabana reciben unha noticia por parte do técnico da Central Leiteira, que provoca o enfado de Manuel e pola cal Martiño ten que dar explicacións.

Laura decide sincerar os seus sentimentos cara Thelmo pero Adela trunca novamente as súas intencións.

Atopar capítulo por: