CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Capítulo 7

12/01/2015 22:30 h

É completamente honesta no amor que di sentir Sofía Salgado por Emilio ou iso simplemente forma parte dun plan para a consecución dun maior poder e influencia? Alén diso, por que a policía non parece querer investigar o asalto ao hotel de Sofía? Por que a muller non lle conta a Emilio o que é máis ca unha sospeita: que o seu pai César está detrás dunha estratexia desapiadada para que se retire dos negocios familiares dos Pardo Veiga?

Que sente Sara? É só a lembranza de Manuel e a pena porque Lolo medre sen un pai ou comeza tamén a haber espazo no seu corazón para volverse namorar? Que fará cando saiba que outro rapaz abusa do seu pequeno na escola? Por outra banda, como actuará Nino cando semella que Mónica comeza a corresponderlle? Onde sitúa isto a Rita, tan namorada do chofer?

No Universal, na investigación sobre as sospeitosas mortes dos diabéticos destapan unha nova trama ao comprobar que a insulina que consumiu un deles era falsa. Cada vez máis preto o un do outro, tanto profesional coma sentimentalmente, unha nova circunstancia troca radicalmente o rumbo da súa relación.

Atopar capítulo por: