Serramoura
Capítulo 69: "O inimigo na sombra"
19/02/2017 22:15 h
Os esforzos que se fixeron nos últimos días no cuartel de “Serramoura” para poñer en liberdade a Marga están dando resultados. Bea e Quique atoparon unhas imaxes que proban que Inés continúa con vida, polo que Tomás fará unha chamada esixindo a liberación da sarxento Neira. Con todo, uns piratas informáticos teñen como obxectivo realizar un ataque contra os datos almacenados no cuartel, o que porá en perigo todas as investigacións.