CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Capítulo 67

21/11/2016 22:00 h

Unha parella quere celebrar no pazo un acontecemento moi especial para eles: o seu divorcio. Daniel decide facer un programa de radio sobre a orixinal idea, pero a súa investigación destapará unha historia romántica agochada que pode facer xurdir tamén a súa relación con Rita. 
Claudia oculta que ten que escribir unha biografía sobre Carlos, o principal inimigo da familia. Pero máis ca a obriga contractual coa editorial do libro, móvea a curiosidade polo segredo que Carlos coñece sobre os Pardo Veiga.

Atopar capítulo por: