CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 60: O Grupo escolar

30/04/2006 22:00 h

En Santalla están preocupados polo futuro do grupo escolar, cabe a posibilidade de que o trasladen a Maceiras e dubidan se poderán pagalo transporte e o comedor. Senén, presiona a don Román para que solicite o grupo, pero éste non ve ningún beneficio persoal na educación dos fillos dos labregos.

Os cooperativistas quedaran con Soutomaior, o perito, para solucionalo problema do rego das terras. O perito pérdese e crúzase con Elías, que o confunde con alguén do Ministerio, imaxinando que será o conserxe do grupo e Marisiña a profesora de corte e confección, espertando os celos de Elvira.

Deli enfádase con María, e repróchalle a súa situación na casa, nos estudios e nas súas actividades políticas. Reconcílianse e sincéranse acerca das súas inquedanzas místicas, político-reivindicativas e ...amorosas.

Soutomaior mente ós cooperativistas mellor que o propio alcalde que lle recompensa xenerosamente. Pero Manuel non se fía e pídelle a María que investigue sobre o perito en Santiago.

Marcos ten o certificado de defunción da súa nai, anunciando a seu pai que se vai facer cargo da herdanza, botándoo da casa. Sen embargo, a carta que lle mandara súa nai desde París, cae nas mans do seu pai.


Unha violenta disputa no bar enfronta a Lucho con Román cando o alcalde lle dí que os cativos deberán dedicarse a sachar. Nesto irrompe Lupe, quen conseguira a praza e vai facerse cargo da escola. A nova mestra confesa a Freire que quere demostrar á xente que non é o que eles pensan.

Atopar capítulo por: