CRTVG

Buscar

A lei de Santos

Capítulo 6: 'Unha longa historia'

06/12/2020 22:30 h

Despois de descubrir que Bieito e Duarte son os responsables do atraco, Santos fará todo o posible para axudalos a escapar. Aínda que semellará que o fai por solidariedade, en realidade aproveitará a ocasión para facer un cambio de plans e enganalos para que leven con eles a caixa de seguridade.

Alleos a todo o que acontece na sucursal, Ánxela e Uxía fan todo o posible por resolver o atraco da mellor forma posible para todos, pero os reforzos da Garda Civil están tardando máis do que esperaban. Antonia tamén está moi pendente do que está pasando na oficina. Ten que pechar os seus negocios con Rafael o antes posible se non quere ter problemas cos seus xefes, e tampouco pode perder de vista o que pase coa súa caixa de seguridade.

Atopar capítulo por: