Libro de familia
Capítulo 6: Os amantes de Santalla
Freire segue adiante co seu proxecto da mina e coméntalle a Manuel que, xa confirmado que hai mineral en Santalla, vai solicitar a concesión para explotalo.
Don Román, enterado por Álvaro de que Marcos ten unha relación con María, bota a María da casa. Manuel plántalle cara a don Román por defender á súa filla. Don Román esíxelle a Marcos que esqueza a María e que pretenda á filla do alcalde. Pero Marcos está decidido a aproveitarse de María, que se está namorando del.
Álvaro, ás costas de don Ramón, decide facerlle chantaxe ó criado de Freire. Segundo terá que darlle tabaco rubio a cambio do seu silencio. Telmo confésalle a Adela que está namorado doutra muller. Mentres, Laura decide escribirlle unha carta a Telmo.
O médico prohíbelle a Sara saír da cama mentres dure o embarazo. Mentres, os nenos esperan ansiosos a chegada dos pais de Rosamari que a veñen visitar desde Suiza.