Pazo de Familia
Capítulo 57
30/05/2016 22:15 h
Neste Pazo de Familia agarda unha sorpresa que non ten nada que ver coas consecuencias que traerá a infidelidade de Claudia e Daniel para as súas respectivas parellas, Ángel e Rita.
A gran sorpresa non será tampouco o novo comezo na relacións entre Sara e Emilio, nin as novidades no caso do asasinato de Clemente, por mor do cal Nino xa ten un pé no cárcere.
Nin tampouco é a posibilidade de que os Pardo Veiga perdan o pazo por non poder facerlle fronte á devolución dun cuantioso préstamo.