CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 55: Tul ilusión

26/03/2006 22:00 h

Marisiña saca o traxe de novia de Deli, e desencadéanse unha serie de problemas. Deli regálallo a Marisiña, quen pensa en darlle utilidade, todo menos poñelo pois cre que está enmeigado. Elvira presume ante Sara e Marisiña de ter casado de branco e cun traxe de seda e tul, promételles ensinarlles as fotos. Sara séntese humillada e por consello do seu home, ela tamén mente.

Agora ambas deberán amosalas fotos de voda e demostrar do que presumen. O negocio dos grelos marcha máis ca ben, sen embargo cando os Cabanas van recollela súa colleita, está totalmente estragada. Álvaro, cumprindo ordes de Román encargárase de sabotalo rego, e Manuel sospeita que algo está a suceder.

Don Cosme, pola noite, aproxímase á leira para descubrilo sabotador e recibe un forte golpe na cabeza que o deixa inconsciente no chan.

María cada vez está máis implicada na elaboración de panfletos. Freire e Román enzárzanse nunha forte discusión no bar, cando irrompe por sorpresa, Lupe.

Atopar capítulo por: