Pazo de Familia
Capítulo 55
09/05/2016 22:15 h
Leonor está a piques de casar con Carlos, quen non dubida en vingarse polas intromisións de Sara para impedir o enlace e acusa de roubo o seu fillo pequeno. Ante a imposibilidade de falar coa señora do pazo, Cosme recorre a unha medida desesperada.
Mentres tanto, a fuxida de Emilio ten as horas contadas. Os sicarios contratados por Carlos agardan para cumprir a orde de asasinalo.