Libro de familia
Capítulo 54: Plus Ultra
Marisiña empéñase en que Pabliño participe no concurso "Plus Ultra" para nenos heroes. Xunto con Elías idea a farsa de que Pabliño salve de afogar a Rosamari e don Venancio sexa testemuña.
Ante a perspectiva de que Freire marche a Venezuela, Manuel prepara seu futuro dándolle a oportunidade a Elías de traballar no almacén. Ademais ten a idea de negociar co cultivo da remolacha nuns terreos que colindan cos do indián.
Acláranse as cousas entre Freire e Manuel e o indián reconsidera a súa postura de marchar.
Don Venancio farto de que o párroco de Maceiras sempre lle leve a dianteira, acaba sendo cómplice no asunto do concurso.
Román pensa que unha vez a carta de Lupe no seu poder, seus problemas remataron, pero Marcos advírtelle que ten unha testemuña que declarará o que houbo entre él e Lupe.
María segue preocupada pola beca, pero pódelle máis o seu entusiasmo por Lois e accede a repartir panfletos reivindicativos sen ningunha discrección na facultade.