Libro de familia
Capítulo 53: Vade retro
Don Venancio está moi alporizado pola nova moda do cleriman que se está a impoñer en moitas parroquias dos arredores e pídelle a Marisiña que lle confeccione unha sotana nova. Pero non consinte en que unha muller o vexa espido, polo que será Elías quen lle tome as medidas.
Deli está moi preocupada porque non ten novas de Telmo, e aconsellada por Sara, acode a don Venancio na procura de consello espiritual. Despois de pasar unha tarde moi agradable e froito dos comentarios no bar, o crego empeza a obsesionarse con Deli, a quen considera unha tentación. Chega a ter pesadelos coa xove á quen ve coma unha atractiva viúva que o pretende seducir, ou coma un demo que o quere tentar.
Marcos fai un trato con Álvaro para conseguir acusar a seu pai de adulterio. Román descubre que Álvaro o enganara, esíxelle que lle entregue a carta de Lupe, pero Marcos adiántase e dalle ó criado unha falsa.
Elías tomara mal as medidas e dona Elvira sairá coa súa, don Venancio porá o "clergyman", que ela coma unha freguesa das que hai poucas, lle regalara.