CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 52: Quitapenas

05/03/2006 22:00 h

A nova do nacemento do Príncipe Felipe entristece a Freire que pensa no fillo que non vai ter Deli e coa súa filla en Venezuela séntese moi só.

Marisiña ten unha idea para que os Cabanas fagan as paces con Freire, levaranlle a Loliño e a Pabliño para que os coide. Sara pensa que os nenos poden ser un bo "quitapenas" para o indiano que está a pasar polos seus peores momentos trala ruptura con Deli.

Chega Milucho, o sobriño de Elvira con ideas demasiado modernas que esta non comparte, para facerse cargo do bar en ausencia de Pancho. Emilio "Micky" introduce os cubatas na vila, mentres Elvira pretende poñer tapetes de ganchillo nas mesas. Milucho convencido de que ten gañarse a súa tía, regálalle un colgante que atopou no bar. Pero o colgante, propiedade de Laura, llo regalara Román a Lupe e cando Román o descubre no pescozo de Elvira, decátase de que algo está a argallar Álvaro.

Os desvelos de Marisiña con Freire, espertan os celos de Elías, que pensa que él sí que soubo educar e aprenderlle maneiras a Rosamari.

Román planea quedar coas propiedades de Laura e bota da súa casa a Marcos, quen lle pranta cara e asegúralle que as pagará todas xuntas.

Atopar capítulo por: