CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 50: Zapatos de sete leguas

19/02/2006 22:00 h

Pancho anda preocupado porque ten ilusión por ir á mili e teme que non o chamen.

Telmo e Deli, deciden verse ás agachadas para evitarlle a Freire unha humillación. Laura está moi grave. Román despide a Toña e Elvira préstase a limparlle a casa para conseguir que o alcalde lle dea un traballo a seu sobriño.

Panchiño recibe a boa nova de seren chamado a quintas e traspasa o local a Milucho, o sobriño de Elvira.

Elías e Marisiña andan moi intrigados por descubrir quen é o amante secreto de Deli. Uns zapatos de Sara, lle fan pensar a Marisiña, agochada baixo a cama, que a amante de Telmo é a súa propia curmá.

Román ordena a Álvaro que peche a boca de Lupe, para evitar que o acusen de adulterio. Marcos, aconsellado por Telmo, argalla un plan para axudar a súa nai.

Atopar capítulo por: