Libro de familia
Capítulo 51: O Entroido en Santalla
Chega o Entroido a Santalla e todos, ou case todos pensan en disfrazarse. Son moitos os que lle piden axuda a Marisiña para confeccionalos traxes.
Manuel faille unha chanza a seu pai, agóchalle o porco no faiado. Pero non é don Cosme, a única víctima das entroidadas, a don Venancio desaparécelle o confesonario e comunícanlle que o destinan a África.
María e Deli disfrazaranse de romanas, Elías e Marisiña de sevillanos, e a sorpresa a darán Freire e Telmo, que fixeran crer que non lles gusta disfrazarse e irromperán disfrazados de dúas mulleres coquetas e ben feitiñas.
Desde que Manuel iniciara as entroidadas, desencadéanse outras aínda maiores, ata que lle chega o turno a él, que lle fan crer que pola súa culpa, Elías está o bordo da morte. Finalmente, a festa no bar de Pancho será todo un éxito, e desfeito o entorto de tanta entroidada todos bailarán, rirán e pasarano coma nunca en Santalla.