CRTVG

Buscar

Rosa descobre que a persoa que está a sacar os relevos no chalé onde se celebraban as festas é Xabier, que confesa que foi Ricardo Bergantiños, o dono da inmobiliaria, quen lle encargou ese traballo.
Os de criminalística apenas atoparon probas no chalé, xa que todo estaba moi limpo. Unicamente apareceu un dente nun sumidoiro. Tras analizalo, os investigadores determinan que o premolar se corresponde coa mandíbula atopada na fosa da nave de polos. Non é a única pista concluínte, xa que o recanto que aparecía no vídeo gravado por Marta Labrada é idéntico ao que había nesa casa, polo que deducen que é o lugar onde gravou a súa vítima, que probablemente sexa a mesma persoa que matou as outras mulleres.

Atopar capítulo por: