Libro de familia
Capítulo 5: Benvido Mr. Franco
13/03/2005 22:00 h
O alcalde recibe unha chamada do gobernador que lle avisa de que Franco vai pasar por Santalla. As ordes son concretas: ninguén debe sabelo.
Pero Marisiña, que escoita a conversa, encárgase de expalla-la nova por toda a vila. Axiña, todos póñense a preparar a visita: bandeiriñas, pancartas, a banda, un coro... e unha lista de peticións para facerlle ó Generalísimo. Pero as cousas non van saír como esperan.
María e Marcos lévanse cada vez mellor e Marisiña nota que á súa amiga estalle empezando a gustar o mozo. Nin don Román nin Manuel ven con bos ollos este achegamento dos rapaces.
Sara, a muller de Manuel, que non leva ben o embarazo, sofre un desmaio.