CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Capítulo 5

29/12/2014 22:00 h

Mónica está ás portas da morte por mesturar alcol con pastillas. Se cadra, é precisamente iso o que busca porque, ante a esixencia e crueldade de César, non se sente máis ca un cero á esquerda. Leonor tampouco sabe consolala e con Emilio hai tempo que se cortaron as relacións. Pero quizais haxa alguén que mire por ela desde as sombras.

Emilio vese agora no dilema de se despedir, tras varios erros, a un veterano traballador dos talleres de impresión. Entre os teletipos e as máquinas de escribir, o ambiente tamén está cargado de tensión. Despois da súa aventura e do erro que cometeron na noticia asinada por ambos os dous, Daniel e Claudia practicamente non se falan.

As cousas non están máis tranquilas no piso superior do holding empresarial dos Pardo Veiga. Como pode ser que a inimiga do todopoderoso César se convertera da noite á mañá na súa socia principal? Coñecendo o magnate, é difícil pensar que a situación vaia quedar así por moito tempo ou, polo menos, que el non faga calquera cousa ao seu alcance para recuperar o trono absoluto do seu reinado empresarial.

Mentres, na mansión hai un novo traballador que ten algo que ver con Sara e que tal vez a poña en problemas. E, para problemas, os que se ven vir cando Leonor lle encarga a Marisiña que leve á tinturería o seu prezadísimo vestido de noiva. Poderá resistirse a probalo?

Atopar capítulo por: