CRTVG

Buscar

Vidago Palace

Capítulo 5

26/04/2017 22:15 h

Carlota e Pedro amencen un nos brazos do outro. Durante un instante, convéncense de que nada nin ninguén poderá separalos de novo pero o destino ten preparada para eles outra proba de fogo. Pedro vese na tesitura de ter que volver a España para axudar a Dolores, que se atopa nunha situación delicada e asegúralle a Carlota que ao seu regreso empezarán unha vida xuntos. Ela ten un mal presentimento sobre esa viaxe, pero non pode facer nada para retelo.

Por outra banda, os futuros sogros de Carlota queren seguir adiante coa voda e ameazan o seu fillo con quitarlle o apoio económico se esta non segue adiante, xa que son coñecedores da historia de amor de Carlota e Pedro, e da negativa de César co enlace. 

 

Atopar capítulo por: