Fontealba
Capítulo 49
01/12/2016 16:00 h
Gonzalo caeu na trampa de Andrés e Aurora aproveita para despedilo. Por moito que Asun e Nina non aproben a actitude de seu irmán e estean de parte de Gonzalo, este está avergoñado e doído con todo o mundo. Tampouco lle agrada que Vera frecuente a Lisardo no mosteiro, aínda que eses sexan os momentos favoritos da rapaza. Aurora, pola súa banda, tratará de impugnar a última vontade de Luis con respecto a Hortodouro.