Pazo de Familia
Capítulo 49
28/03/2016 22:15 h
Tras a publicación na prensa da fuxida de Emilio, a vila mariñeira onde se agocha deixa de ser un lugar seguro. E menos o será cando a policía consiga saber a localización exacta do herdeiro dos Pardo Veiga.
O cerco non só se estreita para Emilio Pardo. Tanto Carlos coma Mónica buscan desenmascarar o Caveira, líder dunha banda de delincuentes, pero o que non sospeitan é que se trata do propio Nino, que cada vez ten maior poder nos baixos fondos da cidade.