Libro de familia
Capítulo 48: Un día especial
05/02/2006 22:00 h
É un día moi especial para Marisiña, é o seu cumpreanos pero ninguén se decata. Nesto os nenos len en alto o conto da Cincenta, e a moza pensa que son dúas almas xemelgas.
Telmo segue adiante co seu plan de seducir a Lupe sen revelarllo a Deli, con quen está moi resentido porque pensa que se entregara a Freire antes de casar.
O boticario consegue, gracias a Lupe, que Román firme sen se decatar, o permiso para que Laura saía do psiquiátrico.
Todos póñense de acordo para gastarlle unha broma a Marisiña, facéndolle crer que ninguén lembra o seu cumpreanos, o que alporiza cada vez máis á xove.
Laura chega a súa casa e sorprende a Román preparando unha cea romántica para Lupe...