CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Capítulo 48

21/03/2016 22:15 h

As pelexas constantes de Tomaso e Marisiña converten o pazo nun auténtico campo de guerra. Pese aos intentos dos membros do servizo para que se reconcilien, ningún dos dous parece disposto a enterrar as armas. E a Sara non lle vai mellor con Amancio. O mordomo asume que non pode loitar contra o que sente por Emilio e decide dar a batalla por perdida.

Outra parella que rompeu hai tempo é a de Claudia e Daniel. Pero a este semella incomodarlle que a súa ex lle faga agora as beiras a Ángel, que, grazas ao traballo de Rita como camareira, goza dunha maior popularidade no seu bar.

Pero, mentres uns rompen, outros atopan o amor. É o caso de Emilio e Olalla na vila de pescadores, que neste episodio asistirán a unha traxedia; ou de Mónica e Nino, que desvelarán o maior segredo que garda a parella. Mesmo pode ser o caso de Iria e o inspector Peneda...

Atopar capítulo por: