CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 47: Favores

29/01/2006 22:00 h

Marisiña proba o traxe de noiva de Deli e bótalle unha mancha de cera. Acode a Elías e o remedio aínda é peor. Será Pabliño quen leve o traxe a Telmo quen finalmente conseguirá arranxalo.

A xente murmura sobre a relación entre Telmo e Lupe, Senén cóntalle a Román que os víu en actitude agarimosa no bar. Pero Lupe sabe como darlle a volta o asunto e convencer a Román que o fai polo seu ben.

Laura é visitada polo seu fillo xunto con María e revélalles a conversa que escoitara entre Álvaro e Román, responsables do seu encerro no manicomio.

Deli está segura do seu amor por Telmo e recrimínalle que estea con Lupe, descoñecendo que o boticario tan só está por axudar a Laura. Deli sorpréndeos bicándose e refúxiase en Freire, sorprendido pola repentina actitude agarimosa da súa noiva.

Álvaro acaba confesando a Toña, todo o que fixeran para encerrar a Laura. A criada cóntallo ó boticario, que urde un plan utilizando a Lupe, para sacar á mestra do manicomio.

Atopar capítulo por: