Pazo de Familia
Capítulo 47
Os celos das distintas parellas da serie chegan ao seu cumio. Primeiro, os de Tomaso cando Marisiña lle pide que sexan unha parella “moderna” e se vexan con outras persoas. Pero máis dolorosos, se cadra, son os de Amancio, cando entende que Sara segue querendo a Emilio.
Pola súa parte, Mónica e Nino xa pasaron por moitas leas e semella que fan as paces, aínda que os grandes segredos que gardan ambos os dous son cada vez máis difíciles de agochar. Así, Nino non sabe se alegrarse porque Mónica comece a traballar co xuíz Ferreira para demostrar a inocencia de Emilio ou preocuparse pola posibilidade de que descubra que en realidade el é o asasino.
Mentres tanto, Emilio, recluído nunha vila costeira, tamén sente celos. Aínda que o seu principal obxectivo é volver á cidade e traballar na súa defensa, descarga a súa carraxe contra un dos mariñeiros cando sabe que tivo algo con Olaia.