CRTVG

Buscar

Matalobos

Capítulo 46: Xustiza

15/06/2010 22:15 h

A avogada Belén non é capaz de comprender os motivos que levaron a xuíza Mosterio e a fiscalía a pechar un sumario con poucas probas, polo que sospeita que gardan algún ás na manga. mentres tanto, a Garda Civil intenta asegurarse de que as influencias dos Matalobos non torpedeen o proceso contra o xefe.

O negocio da droga non ten por costume facer descansos. A última xogada de Carmelo antes de ser prendido, secuestrar o irmán de don Manuel, desequilibrou a balanza de poder; así que os colombianos, inquedos pola situación, envían a Bastida, o seu representante en España, para negociar con quen manexa o destino dos Matalobos en ausencia de Carmelo, nin máis nin menos que a matriarca do clan, dona Carme.

Atopar capítulo por: