Libro de familia
Capítulo 46: Feridas abertas
Lois Casal está disposto a atopar un vello tesouro das letras galegas: o traballo que Florencio Freire fixera para o Seminario de Estudios Galegos. O caso é que eses papeis foran substraídos hai tempo e moran no faiado de Román. Don Román, sen decatarse de que seu fillo coñece o paradoiro dos documentos, proclama por todas partes que o pai de Freire fora un traidor á Patria.
Marisiña e Elías, escoitan falar dun tesouro e pensan que se trata do lendario dos mouros. Afánanse en seguilos disparatados rituais, e pensan que descubriran a galiña dos ovos de ouro, o que non é máis ca unha broma de don Cosme e Pabliño.
O asunto dos papeis de Freire resólvese felizmente gracias a que Marcos, os devolve a seu propietario. Manuel Cabanas reconcíliase con Lois, consciente de que as persoas, como as historias teñen dereito a se coñeceren por sí mesmas.
Deli sofre unha estraña enfermidade que pon a Telmo sobre aviso dun posible caso de tétanos, nada comparable o trebón sentimental que o triángulo amoroso entre él, Deli e Freire está a piques de desencadear.