Libro de familia
Capítulo 45: O yeyé
Segundo, o fillo de Toña regresa a Santalla feito todo un ye yé, despois duns anos de emigrado en Bilbao. Marisiña emociónase ó velo, xa que fora o seu pretendente. A moza escoita unha conversa entre éste máis Elías e pensa que están a pelexar por ela, pronto descubre que falaban dunha vespa.
Román segue adiante co seu plan de tolear a Laura e provoca un incendio na casa mentres ésta durme. A xente do pobo cre que a mestra perdera a cabeza, e Román finxe unha gran consternación, conseguindo finalmente encerrar a súa muller nun manicomio.
Lupe ocupa o lugar de Laura na casa, aínda que non atura máis a situación e urde un plan para que Román sorprenda a Álvaro tentando forzala. Román, fora de sí e animado por Lupe, golpea unha e outra vez ó criado.
Deli decide ser máis "agarimosa" con Freire, a ver si as cousas melloran entre eles e consegue esquecer a Telmo.