O Faro, cruce de camiños
Capítulo 440
21/03/2016 15:45 h
Olga sofre unha crise nerviosa na saída con Montse e acaba agredíndoa. Por medo a sufrir máis ataques, Montse corta con Mario e deixa a floraría. Os problemas para Mario non rematan aí, xa que Arturo lle ten reservado un derradeiro golpe final. Xiong descobre as intencións de Víctor e obrígao a decidir de contado: ou Feng ou Patri. No cárcere, as cousas póñense moi feas. Tres días sen beber fan que Ricardo empeore drasticamente e que, despois de sofrir cambras e delirios, caia inconsciente.