Libro de familia
Capítulo 44: Frío coma o xeo
Á tenda dos Cabanas chega un conxelador prestado pola casa que lles distribúe o peixe conxelado. Marisiña, empeñada en quedar co conxelador, convence a todos do bo que é o peixe conxelado e permítelles gardar diferentes cousas no arcón ás agachadas de Manuel. Pero Elías garda unhas botellas de cerveza que ó reventar, estragan non só o peixe senón o que outros veciños gardaban no conxelador.
Álvaro trama un plan para volver tola a dona Laura, cunha campaíña fai que a débil muller vaia cara o monte onde leva un forte golpe e queda sen sentido. Lupe está cada vez máis en desacordo cos plans de Román, quen "conseguirá" atopar a Laura e quedar coma un heroe.
Deli cada vez está máis convencida, de que para non facer dano nin a Freire nin a Telmo, regresará a Vilariz, do que Sara conseguirá disuadila. Freire, que non sospeita o que está a pasar, cre que están enfadados e eles cóntanlle unha mentira.