Pazo de Familia
Capítulo 43
08/02/2016 22:15 h
Daniel investiga o vencello de Carlos cunha estafa que puido facelo millonario. O resultado da súa pescuda mudará o rumbo dos acontecementos para os Pardo Veiga, especialmente para Emilio.
Por outro lado, os veciños dun barrio conflitivo néganse a vender os terreos necesarios para construír a nova urbanización. O xeito de tratar esta crise enfrontará a Emilio con Nino, cuxo lado máis escuro volve saír á superficie.
Mentres, a relación entre Sara e Amancio vese comprometida cando Carlos a descobre, desvelando unha parte inédita do pasado do mordomo.