Ben falado
Capítulo 426 de Ben Falado: Os nomes de vacas
07/02/2011
Dos exipcios aprenderon a escribir os que vivían no Sinaí e estilizaron a figura dunha cabeza de vaca que empregaban os exipcios. Dos sinaítas aprenderon a escribir os semitas, que son os inventores do alfabeto. Os fenicios estilizaron máis a figura da cabeza da vaca e puxeron os cornos horizontalmente. Este símbolo empregárono os gregos para representar a vogal A, pero poñendo os cornos cara abaixo. Así que xa ven como dunha vaca naceu o noso primeiro signo alfabético.
Pedro Benavente