Libro de familia
Capítulo 42: Noite de paz
25/12/2005 22:00 h
Chega o Nadal a Santalla e don Venancio pídelles ós veciños cartos para mercar novas figuriñas para o nacemento. Como os veciños non están para gastos, a dona Laura ocórreselle facer un belén vivente con tódolos veciños.
Os problemas non se fan esperar, os homes rivalizan por representar a San Xosé e algunhas mozas por representar á Virxe María, pero será o párroco quen reparta os papeis. Telmo e Deli, serán os pais do Neno Xesús, a pesar dos celos de Freire, o descontento de Román e por suposto de Marisiña.
Freire bota de menos a súa filla Adela, tamén Pancho bota de menos o seu pai, Ramiro que anda de xira. Finalmente, Freire, Pancho e Telmo deciden xuntarse para non pasar sós a Noiteboa.