Fontealba
Capítulo 42
22/11/2016 15:45 h
O duro pau que sufriu a familia Douro pola morte de Luís segue a xerar dúbidas e ideas de conspiracións sobre a causa real do incidente. Nina, que non parece mostrar moito interese pola sucesión, bótalle unha man a Gonzalo co seu traballo no laboratorio, mentres que Aurora se mostra moi confiada co tema do testamento. Vera, coma sempre, quítalle importancia á súa enfermidade. Ademais, está a piques de recibir unha noticia moi positiva.