CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 40: Próximo asalto

11/12/2005 22:00 h

Pancho devece por participar nun torneo de boxeo, para elo pídelle axuda a Freire, que practicara este deporte sendo un mozo en Venezuela. Éste, empréstalle un dos seus maiores tesouros, unhas luvas que lle asinara o mítico boxeador "Morocho". Elías préstase a axudar a Pancho pero o único que consegue é crear problemas.

Deli confésalle a Sara, que non ten claros seus sentimentos cara Freire á vez que Telmo lle acaba confesando a Manuel o que sente por Deli. O matrimonio Cabanas decide tomar cartas no asunto.

Unha estrataxema argallada entre Telmo e Marcos, permite a Laura seguila pista dos trapicheos de Román, quen se dedica a canalizar pertenzas da familia a favor de Lupe. Marcos consegue recuperar parte dos cartos entrando ás agachadas na casa da amante do seu pai. Román ameaza con darlle un escarmento a seu fillo.

Atopar capítulo por: