Libro de familia
Capítulo 4: Santalla yeyé
06/03/2005 22:00 h
Don Román sospeita que Freire agocha algo no monte e manda a Álvaro, seu criado, investigar. Álvaro atopa un cartón de tabaco rubio de contrabando.
A máquina de discos chega ó café de Santalla. A Marcos ocórreselle facer un guateque e invitar a María.
Manuel non deixa á súa filla ir ó guateque porque non quere que teña ningunha relación con Marcos fóra das clases. A decisión de Manuel fai que pai e filla rifen.
Adela fai todo o posible por estar con Telmo. A Laura chégalle noticia do ben que se levan e vai pedirlle explicacións a Telmo, desconcertándoo.
A Marisiña, que non ten roupa axeitada para ir ó guateque, non lle queda outra que quedar na casa. Pero Elías decide darlle unha sorpresa.